imagen decorativa
Ir á versión en castelán Ir á versión en catalá Ir á versión en valenciá Ir á versión en Éuscaro
Pesenta a tua queixa

Os Dereitos dos nenos e adolescentes

Todas as persoas temos dereitos e liberdades polo simple feito de sermos persoas. Son os chamados Dereitos Humanos.

Estes dereitos son iguais para todos sen distinción algunha por razón da idade, sexo, raza, cor, orixe nacional, étnica ou social, relixión, opinión, lingua, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

Os nenos e nenas tendes eses mesmos dereitos. Ademais, tendes outros dereitos propios: os dereitos dos nenos. O Estado e os adultos deben garantir que se cumpran.

É moi importante que todos coñezamos moi ben cales son os nosos dereitos, que os defendamos, os respectemos e esixamos que se cumpran.

Ademais, sempre debedes respectar os dereitos dos demais.

Coa fin de garantir o cumprimento dos vosos dereitos, en 1989 adoptouse a Convención sobre os Dereitos do Neno.

A Convención é moi importarte porque reflicte o compromiso dos Estados de respectar os dereitos dos nenos e nenas.

De todos os dereitos da Convención cómpre salientar catro que serven para interpretar todos os demais:

  • o dereito a non ser obxecto de discriminación (artigo 2);
  • o dereito ao interese superior do neno (artigo 3.1);
  • o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento (artigo 6);
  • o dereito a expresar a súa opinión en todos os asuntos que lle afecten e a que esta sexa tomada en serio e respectada na medida do posible (artigo 12).
Máis información na web
do Defensor del Pueblo

Aquí podes atopar a Convención para as distintas franxas de idade:

Ver os materiais en formato PDF sobre a Convención adaptados para nenos de 6 a 8 anos
6 a 8 anos
Ver os materiais en formato PDF sobre a Convención adaptados para nenos de 9 a 12 anos
9 a 11 anos
Ver os materiais en formato PDF sobre a Convención adaptados para nenos de 12 a 14 anos
12 a 14 anos
Ver os materiais en formato PDF sobre a Convención adaptados para nenos de 15 a 18 anos
15 a 18 anos

E un documento sobre o dereito de asilo:

Consulte o documento sobre o dereito de asilo. En castelán, inglés, francés e árabe.
Imagen decorativa